Turbas GF elabora o substrato universal, especial para produccións forestais, pensando en lle evitar ó profesional o traballo de realizar mesturas e en mellora-lo substrato, axustando o PH e repartindo homoxeneamente os fertilizantes.
Os substratos industriais modernos proporcionan esa seguridade e garantía pola técnica empregada na mestura.
O substrato universal GF está composto de turbas de diferentes graos de descomposición, de fibras vexetais e de cortizas de árbore ben compostadas.
O substrato universal que Turbas Granja Fátima elabora leva incorporados os abonos minerais que as plantas necesitan para o primeiro mes de cultivo, pasado este período de tempo o profesional ten que engadirlle os fertilizantes cos que acostume traballar.