É unha mestura de turbas e materias orgánicas vexetais compostadas, especialmente recomendado como acondicionador de chans.
O seu alto contido en materia orgánica humificada axuda a cambia-la estructura dos chans arxilosos e a liga-los terreos areentos.
A súa alta actividade biolóxica favorece a retención da auga e dos nutrientes. Está especialmente indicado para as plantas exteriores. O seu PH é de 6-7.